Plan lector

 

“Se queres facer un barco, non mandes aos homes a coller madeira, organizar o traballo e dar ordes. En vez diso, transmítelles o desexo de coñecer o vasto e infindo mar.”

el-rey-pc3a1jaro

Imaxe do proxecto lector en torno ao libro de Shaun Tan “El rey pájaro y otros esbozos” . Curso 2012-2013

1. Plan Lector do departamento.

2. Estratexias de animación á lectura e desenvolvemento da expresión e comprensión oral e escrita.

3. Contribución da materia ao proxecto da biblioteca escolar.

Obxectivos:

  • Integrar a lectura en lingua estranxeira entre os hábitos lectores do alumnado.
  • Interiorizar o beneficio da lectura para favorecer o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística en lingua estranxeira.
  • Integrar os proxectos do departamento nos da biblioteca e viceversa.
  • Implementar estratexias didácticas que favorezan o achegamento do alumnado a través das TIC (alfabetización dixital e tratamento da información)

Hora de Ler do proxecto lector: nas instruccións do 1 de setembro sobre a organización e funcionamento das bibliotecas, faise recomendación explícita de levar a cabo unha hora semanal de lectura, para favorecer o Proxector lector do Centro. En caso de ter como referencia  a coordinación da biblioteca o alumnado asistirá co seu libro particular ou de préstamo.

Ademáis da hora de ler o departamento de inglés conta cun proxecto lector específico de lecturas para cada curso da ESO.

Para 1º Bacharelato ponse en marcha o proxecto “Reading sessions” que consiste en actividades de lectura  integradas dentro o proxecto da biblioteca escolar:

1ª sesión: Halloween

2ª sesión: Igualdade de xénero

3ª sesión: Peace Day

4ª sesión: Día da poesía

5ª sesión: 23 Abril

6ª sesión: Día das Letras

Este proxecto inclúe a gravación e publicación material audiovisual creado polo alumnado e incide no Bloque 5 da programación que se refire ao Coñecemento da lingua e consciencia plurilingüe e intercultural.

Asímesmo deixovos a ligazón ao blog da biblioteca escolar do IES Ribeira do Louro, Biblioribeira, onde podedes atopar unha visión global do proxecto de biblioteca no noso centro.

Estas son algunhas experiencias didácticas que teñen como eixe o fomento lectura en lingua estranxeira:

Haiku

Haikus 

Día das Letras 2014

Sutitular, proposta didáctica

 

Ligazóns imprescindibles:

 Bibliotecas escolares de Galicia

Leer.es

National Literacy Trust

One thought on “Plan lector

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s