L. Sobre min

Ola e benvid@s ao meu blog.

Son Olga Lalín, profesora de inglés de secundaria e Bacharelato. Dende o ano 1996 traballo como docente no sistema público de ensino. Ao longo destes anos teño traballado en diferentes centros, todos eles na provincia de Pontevedra e actualmente teño destino definitivo no IES Ribeira do Louro.

Vivimos un momento de cambio no que se refire á educación, cada vez sábese máis sobre neurociencia e a súa aplicación á aprendizaxe: a neurodidáctica. Os novos avances xunto coa revolución das TIC  que deron paso ás TAC (Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento) abren un novo abano de posibilidades para o desenvolvemento das competencias do alumnado. Ademáis hai que engadir os dous ingredientes máis interesantes que deben estar presentes no proceso educativo: a emoción e a creatividade. As orientacións metodolóxicas para o ensino do inglés como lingua estranxeira fan fincapé nun enfoque global destes aspectos.

Algunhas das accións  formativas que fixen nos últimos meses e me aportaron ideas e coñecementos moi enriquecedores son as seguintes:

  • Taller de creación literaria “Escondido” impartido por Mª José Ferrada en La Querida, casa literaria de Raúl Vacas e Isabel Castaño. (Novembro de 2015)

Unidad 5, tarea final, presentación del prototipo de PLE.

Unidad 4. Content curation, del consumo a la creación de contenidos.

Unidad 3. El reto.

Unidad 2, reflexión sobre el papel docente en la gestión de la información eduPLEmooc

Unidad 1. Infografía sobre PLE.

Insignia do MOOC, curso de Formación en Red del profesorado. Ministerio de Educación.
eduplemooc intef insignia

 

 

 

 

  • Curso de Neuropsicología de la Educación 

neuropsicología

A raíz dunha situación persoal que tamén afecta á miña vida  como profesional, teño participado como relatora en xornadas sobre diversidade do alumnado con autismo.

  • 25 de novembro 2015, Encontro virtual “Mediaciones Tecnológicas Comprometidas con la Inclusión” organizada por Ignacio Calderón-Almendros para o Master en “Cambio social y profesiones educativas” da Universidade de Málaga.
  • Xuño 2016, Diversidad 2.0: propuestas creativas, tecnologías e inclusión coa colaboración de Fundación Orange e o CEAPAT.
  • Maio 2015, Asociación Andaina de persoas con necesidades educativas especiais, “Afrontando o autismo con creatividade.” 
  • Abril 2015, FOANPAS, III Xornadas de inclusión educativa “Unha mirada desde dentro”
  • Xaneiro  2015, IES de Chapela nas Xornadas “Miradas diversas na infancia”
  • Abril 2014, Biblioteca Municipal de Redondela, Acto de concienciación sobre o autismo.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s