“E que quero que use o diccionario…”

“I´d like to avoid them to press a button and having all the information there, no! I want them to use the dictionary and to look for the word”

It´s quite common to listen to this sentence that I understand as the paradigm of the resistance to take technology as an enriching phenomenon and, luckily, as something inevitable.

I cannot find the advantage of using the traditional dictionary in the form of a book or using the dictionary itself, the result is the same. The point is that students must learn to learn, must be autonomous learners, the tools they choose are not important if they get the objective. 

” e que quero evitar que lle dea a unha tecliña e ala, xa está todo alí, non! non! quero que use o diccionario e que busque a palabra”

É moi habitual escoitar esta frase que eu entendo como o paradigma da resistencia a aceptar a tecnoloxía como un fenómeno enriquecedor e, por sorte, inevitable.

Non se me ocurre ningunha vantaxe que se desprenda directamente do emprego dun diccionario nun soporte físico. O importante é que o alumnado aprenda a aprender, aprenda a ser autónomo, as ferramentas que escollan para chegar ao seu obxectivo son secundarias.

Sempre me lembro dun que merquei hai anos xa, estaba “de rebaixas” e puiden permitirmo, era o diccionario Webster, toda unha referencia, pois ben, debín usalo dúas veces: unha para miralo cando o comprei e outra para consultar algún termo de inglés americano, é tan pesado, ten todas as letriñas tan condensadas que é realmente un esforzo usar unha fonte así, non lle acabo de atopar o gusto.

Deixo unha pequena lista de bos diccionarios online. Son fiables, inmediatos, proporcionan a mesma información ou máis que os diccionarios tradicionais, e daslle a unha tecliña e nun segundo tes toda a información aí…!

Advertisements

4 thoughts on ““E que quero que use o diccionario…”

  1. laoshi di:

    Eu creo que o de verdade imprescindibel é que os alumnos de linguas teñan o ábito de coller o diccionario cando o precisan, porque isto traballa en pro da súa autonomía. Eu son profesora de catalán para adultos, e vexo todos os días que alguns dos meus alumnos síntense máis cómodos co papel, outros coas pantallas, e paréceme marabilloso que podan escoller. É certo que aprender lingua custa uns esforzos, pero non fai falta que sexan comprar papel ou pasar páxinas… Graciñas polo blog!

    • Olga Lalín di:

      Grazas a ti polo comentario, era o que lle faltaba á entrada, por suposto que estou dacordo contigo, o importante é que elas/eles se desenvolvan con autonomía e poidan elixir o que lles vai mellor. 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s